Camariñas estrea centro da Rede de Dinamización da Sociedade da Información

luns, 22 de decembro do 2008 Marcus Fernández

O dinamizador do centro de Camariñas, Óscar Clapés, nun dos cursos de formación impartidos na vila

O Concello de Camariñas xa conta cun centro da Rede de Dinamización da Sociedade da Información a través do que a Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información achega a sociedade galega ás TIC.
A inauguración do centro tipo lugar o pasado día 19 nun acto no que estiveron presentes Helena Veiguela, directora xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, e distintos representantes do Concello de Camariñas como a tenente de alcalde Sandra Insua e os concelleiros Sergio Caamaño e Mª del Carmen Linares.
O novo espazo, sino na rúa Do Río do Prado, está equipado coa tecnoloxía máis avanzada e integramente con software libre. Ten un total de 10 ordenadores, unha cámara fotográfica dixital, un retroproxector, unha impresora láser, unha impresora a cor, un escáner, webcams e 9 lectores de DNI electrónico.
A apertura deste centro é consecuencia do éxito das actividades da Rede de Dinamización en Camariñas dende xaneiro de 2007, onde se iniciaron 29 obradoiros nos que participaron máis de 148 usuarios (o 57% mulleres) á vez que máis de 280 usuarios empregaron as instalacións de xeito libre.

PUBLICIDADE