Caixa Galicia estrea canle en YouTube

mércores, 23 de abril do 2008 Marcus Fernández

Caixa Galicia abre en YouTube unha nova fiestra para os seus clientes

O grupo Caixa Galicia vén de anunciar unha canle propia en YouTube, que servirá para amosar os contidos audiovisuais máis importantes repartidos en tres listas de reprodución: Fundación Caixa Galicia, Obra Social Caixa Galicia e Financeiro.
CaixaGaliciaTV, aparte de ofrecer vídeos, tamén achegará ao usuario un valor engadido incluíndo vídeos de asesoramento e axuda (servindo como elementos de formación para os clientes e usuarios de novos servizos mediante demostracións do seu funcionamento), campañas comerciais (recollidas neste novo espazo) e eventos corporativos (difundíndose a través do popular portal de vídeo de Google información sobre as actividades institucionais de Caixa Galicia).
Neste momento a nova canle de comunicación da entidade financeira conta con 25 vídeos, e agardan superar os 100 nos vindeiros meses, de xeito que mellorará a comunicación de Caixa Galicia cos seus usuarios, pois os seus contidos videográficos estarán accesibles en calquera momento a través da plataforma de vídeo de máis uso a nivel mundial.
Os usuarios tamén poderán incrustar os clips e as listas de reprodución nas súas propias páxinas web, e como exemplo amosamos aquí a listaxe de vídeos da área financeira:

PUBLICIDADE