Cabify comeza a operar con taxis na Coruña
luns, 6 de xuño do 2022
En 2018 chegou á
cidade da Coruña o servizo de aluguer de vehÃculos con condutor de Cabify, e
agora a compañÃa dá un importante paso na cidade herculina ao engadir á súa
aplicación para usuarios o servizo de taxi, cunha tarifa con prezo pechado
dende o momento da solicitude, de xeito que realizada a viaxe o usuario pagará
o prezo máis reducido polo servizo entre o indicado pola aplicación e o que
rexistre o taxÃmetro ao finalizar o traxecto.
A Coruña é a cuarta cidade española na que entra en funcionamento este servizo
de Cabify, de xeito que a compañÃa pasa de verse como un competidor do sector
do taxi a converterse nun colaborador do mesmo, achegándolle clientes a través
da súa aplicación móbil.
Até o momento Cabify tiña dispoñible na Coruña os servizos Cabify Corp (para
empresas), group (con vehÃculos con espazo para até 6 pasaxeiros), Kids (con
vehÃculos con asento para nenos) e Cabify (con vehÃculos con condutor).