CNN.com compartirá novas coas webs dunha rede de emisoras locais en EE.UU.

mércores, 23 de maio do 2007 Marcus Fernández

CNN e Internet Broadcasting chegaron a un acordo de colaboración para compartir novas na Internet, de xeito que a CNN subministrará novas nacionais e internacionais ás webs de Internet Broadcasting que fará o propio con novas locais para a web da CNN (nas seccións de novas dos EE.UU. e de meteoroloxía).
Con esta relación simbiótica non só enriquecen os seus contidos senón que crean unha plataforma con gran potencial para atraer publicidade. A audiencia tamén se ve beneficiada, por poder consultar novas de distinto ámbito dende as webs da canles televisivas das súas localidades así como obter máis detalles cando buscan información en CNN.com.

PUBLICIDADE