CENATIC aproba a incorporación do Principado de Asturias, Sun Microsystems e Bull como novos membros

luns, 15 de outubro do 2007 Raquel Noya

O Patronato de CENATIC (Centro Nacional de Referencia de Aplicación das TIC baeadas en fontes abertas) ven de aprobar a incorporación ó mesmo do Principado de Asturias e das empresas tecnolóxicas Sun e Bull.
Asimesmo, a devandita entidade vén de materializar a entrada do Patronato da Xunta de Andalucía e da empresa Atos Orifin, tratadas xa no pasado mes de xuño. Con estas incorporacións (“ás que lle seguirán outras nos vindeiros meses”, segundo os seus responsables), CENATIC, Fundación Pública Estatal promovida polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio a través de Red.es e a Xunta de Extremadura, avanza no cumplimento dos seus obxectivos estratéxicos para darlle pulo ás tecnoloxías baseadas no software libre en España.
Entre os proxectos nos que xa está traballando CENATIC destacan a creación dun software de xestión integral baseado en fontes abertas para ONGs de tamaño mediano e pequeno así como un proxecto para garantir que o máximo número de solucións de hardware e software de fontes abertas poidan empregar o DNI electrónico.
No ámbito empresarial, CENATIC está a analizar a creación dun visor en fontes abertas para a factura electrónica, que contribuirá a facilitar a relación de multitude de empresas usuarias de software libre coa administración pública.

PUBLICIDADE