Buscan solucións para mellorar a recepción da TDT en Lalín

luns, 22 de marzo do 2010 Marcus Fernández

Nicolás Varela con técnicos da Xunta nunha imaxe publicada polo Faro de Vigo

Nicolás Varela, edil de Novas Tecnoloxías do Concello de Lalín, visitou varios lugares do rural do seu municipio xunto con técnicos de Televisión Dixital Terrestre da Xunta de Galicia no que rexistráronse importantes problemas coa recepción do sinal, para realizar medicións e consultar aos veciños sobre a cobertura. Tamén comprobaron se os problemas de recepción estaban causadas pola ausencia de sinal ou pola mala orientación das antenas de televisión ou a súa obsolescencia.
As parroquias visitadas polos técnicos son as de Vilanova, Botos e A Xesta, para realizar unha primeira mostraxe, así coma tamén constataron que zonas como A Xesta melloraron a súa situación grazas a un reaxuste das antenas (pois nun casos deben orientar as súas antenas ao Monte Pedroso e noutros ao Carrio). Os técnicos tamén anunciaron que dende hai uns días tamén existe a posibilidade de recibir o sinal dende un novo repetidor instalado en Dozón.
Nas comprobacións detectaron unha casuística moi variada, con zonas nas que a recepción era axeitada e outras nas que era nula (polo que os veciños das aldeas afectadas poderán optar á instalación de equipamentos satelitais).

PUBLICIDADE