Buscan retrasar a prohibición da venda do Word nos EE.UU.

mércores, 19 de agosto do 2009

Como era de prever, Microsoft pediu a suspensión cautelar da prohibición de vender o seu Word nos EE.UU. por mor dun problema de patentes mentres estea pendente o recurso de apelación da decisión dun tribunal de Texas.
Dende Microsoft aseguran que «a suspensión afectaría non só á distribución de Word, senón de todo o paquete Office» o que faría un dano irreparable á compañía.

PUBLICIDADE