Buscan emblema para o futuro Firefox Mobile

venres, 4 de setembro do 2009 Marcus Fernández

Dende a Fundación Mozilla están a ultimar o lanzamento definitivo da versión móbil do navegador Mozilla, polo que mentres continúan a traballar no proxecto Fennec instan aos seus seareiros a participar no reto Firefox Goes Mobile, a través do que pretenden que saia o emblema oficial do Firefox Mobile, que poderán aparecer nas páxinas web de Mozilla, en camisetas, adhesivos e moitos outros soportes, polo que é unha ocasión ideal para que os deseñadores realicen unha obra de grande difusión.
Os interesados poden remitir as súas achegas ata o 30 de setembro, de xeito que ata o 7 de outubro poderá votarse polas obras presentadas.

PUBLICIDADE