Brión convoca dous cursos de iniciación á informática

mércores, 6 de agosto do 2008

O Concello de Brión vén de abrir o prazo de inscrición para participar nos seus cursos de iniciación á informática que darán comezo no vindeiro mes de setembro.
Trátase de dous cursos dirixidos aos veciños do lugar que nunca empregaron un ordenador ou que non o manexan a cotío; os asistentes a calquera deles adquirirán os coñecementos básicos para manexar o mesmo con certa soltura e a empregar o sistema operativo Windows.
O prazo de matrícula remata o vindeiro 31 de agosto e a formalización da mesma pode facerse directamente a través da web infobrion.org ou na Casa da Cultura a través do teléfono 981 509 908. O prezo de cada curso é de 25 euros para os veciños do Concello e de 35 para o resto.

PUBLICIDADE