AOI

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Brión asina un convenio para a reciclaxe dos tóners

martes 7 de setembro do 2010, por Raquel Noya | | Compartir | |

Na actualidade, no noso país só se rexenera un 8 por cento dos consumibles informáticos que se usan, unha cantidade que, segundo informan dende o Concello de Brión, “é moi pequena se a comparamos con outros países europeos como Alemaña (30 por cento) ou Francia (20 por cento)”.
Porén cada vez é máis habitual o uso de toners e tinteiros reciclados xa que, ademais de ofrecer grandes vantaxes sobre os orixinais en custes, teñen unha maior capacidade e unha calidade de impresión moi similar, e sobre todo, sabemos que contribúen ao coidado do medio ambiente.
É por isto que o Concello de Brión, en colaboración coa entidade FAEGA, que traballa sen ánimo de lucro pola inserción social e laboral das persoas con discapacidade, vén de asinar un convenio de colaboración para a xestión e reciclaxe dos consumibles de impresión, o que comunmente coñecemos como tinteiros e toners, que contaminan moito e que sempre soen acabar no lixo mesturados co resto de desperdicios.
Mediante este acordo FAEGA compreteuse á colocación dun contenedor Ecobox debidamente habilitado para o depósito destes consumibles, ademais de seren responsables da súa recollida periódica e a xestión ecolóxica dos mesmos. Deste xeito, os veciños e veciñas de Brión que así o desexen poderán contribuir a esta iniciativa levando os seus toners e tinteiros usados á Casa da Cultura de Brión para a súa reciclaxe; evitando así que pasen unha media de 450 anos antes da súa descomposición.

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS