Brasil creará novos dominios de Internet

martes, 3 de outubro do 2006 Marcus Fernández

Algúns países coma o Reino Unido ou o Xapón non comercializan directamente dominios nacionais de segundo nivel, de xeito que empregan tal nivel para categorizar as webs, de xeito que as empresas terían dominios como amazon.co.uk e as asociacións terían outros coma oxfam.org.uk, o que pretende acadar un mellor aproveitamento dos nomes de dominio. Brasil é un dos países que vende dominios de terceiro nivel, e o organismo que xestiona o dominio brasileiro na Internet, NIC BR, anunciou que porá en marcha 4 novos dominios de segundo nivel enfocados á blogosfera, que serían blog.br, para weblogs; vlog.br, para videoblogs; flob.br, para blogs fotográficos ou fotologs e wiki.br, para os sistemas tipo wiki.
Estes novos dominios só se poderán rexistrar por persoas físicas (baixo as mesmas condicións que calquera outro dominio brasileiro) e se abrirá o seu rexistro o vindeiro 25 de outubro, aínda que se poderán reservar dende as 10 horas do 9 de outubro ata as 18 horas do 20 de outubro.

PUBLICIDADE