Brasil aposta polo Linux nos seus procesos electorais

luns, 10 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Simulador en liña do sistema de urna electrónica empregado no Brasil

Moitos expertos coinciden en que o único xeito de garantir a transparencia nun proceso electoral no que se faga uso do voto electrónico é o uso de código aberto (como analoxía ás urnas de vidro), e como exemplo desta filosofía dende Vieiros apuntan que nos comicios locais brasileiros máis de 120 millóns de habitantes puideron exercer o seu voto mediante máquinas que desta volta operaron con Linux, solución adoptada para reducir custos (xa que anteriormente operaban con Windows CE.
A experiencia de uso deste sistema de votación se pode comprobar a través dunha páxina web que dende o noso navegador nos permite simular o proceso de votación, aínda que cuns candidatos e partidos inventados.

PUBLICIDADE