Bq lanza o primeiro smartphone español con Android One
xoves, 17 de setembro do 2015
Hoxe o fabricante español Bq presentou un novo produto no
seu catálogo, que serÃa o primeiro teléfono comercializado en España dentro do
programa Android One, o que garante non só que conte cunha versión pura de
Android 5.1.1, senón tamén rápidas actualizacións de software e un soporte a
longo prazo (un mÃnimo de 24 meses) que poderÃa compararse á familia Nexus e,
de feito, os teléfonos Android One están considerados como a gama baixa dos
Nexus.
Temos asà que dende hoxe pode
mercarse unha versión do Aquaris A4.5 con Android One a un prezo de 169,90
euros, ou sexa, que a garantÃa de actualizacións do software do terminal
incrementarÃa o seu prezo en 10 euros, quedando en mans dos consumidor elixir
se paga esta cantidade adicional por un terminal que xa ten un hardware algo
vello e que por ese mesmo prezo ten no mercado varios terminais bastante
superiores e con certas garantÃas de actualización (como os smartphones de gama
media-baixa de Motorola).
- O novo teléfono véndese en cor branca ou negra
O novo teléfono 4G conta cun procesador MediaTek MT6735M, 1 GB de RAM, 16 GB de
almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 64 GB),
pantalla IPS cunha resolución de 960 x 540 pÃxeles, cámaras de 8 e 5 MpÃxeles, dobre
SIM, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, radio FM e baterÃa de 2.470 mAh. O seu grosor é de
8,75 milÃmetros e o seu peso de 115 gramos.
Groso modo poderiamos dicir que estariamos ante un equivalente ao Moto
E de segunda xeración (coa diferenza principal de que o teléfono de Motorola
ten só 8 GB de almacenamento interno) que pode atoparse en tendas a 109,90
euros, facendo que o produto de Bq pareza só apto para usuarios que queren un
terminal coa experiencia de Android máis pura posible.