Bq estréase en AliExpress con grandes ofertas

luns, 9 de xullo do 2018 Marcus Fernández

A compañía española Bq conseguiu posicións líderes no mercado grazas á súa boa distribución en establecementos físicos, pero nos últimos anos, en boa medida grazas ao pulo de Huawei e Xiaomi, foi perdendo forza e chegou o momento de explorar novas canles de comercialización, de aí que mañá vaian estrear presenza oficial en AliExpress.
A estrea de Bq en AliExpress España vai ser por todo o alto, con sorteos (que permiten facerse cun smartphone por 1 céntimo de euro), rebaixas de até o 35% e un par de smartphones como referentes, que son o Aquaris U2 con 3 GB de RAM e 32 GB de almacenamento a 139 euros e o Aquaris X Pro con 4 GB e 64 GB de almacenamento a 229 euros.
Dende Bq lembran que, aínda que a compra fágase a través de AliExpress, os dispositivos teñen 2 anos de garantía e servizo técnico oficial.
Aparte das ofertas mencionadas, tamén será posible adquirir o Aquaris VS con 64 GB de almacenamento a 159 euros e o Aquaris VS Plus con 64 GB de almacenamento por 169 euros, ou sexa, con descontos respectivos do 20 e o 23%.

PUBLICIDADE