Borja Adsuara, novo director xeral de Red.es

luns, 23 de xaneiro do 2012 Fernando Sarasketa

Borja Adsuara, o antigo director xeral para o Desenvolvemento da Sociedade da Información (Ministerio de Ciencia e Tecnoloxía), foi elixido como novo director xeral de Red.es. Así nolo comunicou estes días o Consello de Administración da entidade pública empresarial do Ministerio de Industria, quen nomeou a Adsuara en substitución de Carlos Cano.
O director entrante naceu en Madrid en 1964 e é licenciado en Dereito pola Universidade Complutense da mesma cidade. Como dixemos, entre 2000 e 2002 desempeñou o cargo de director xeral da Sociedade da Información para o Goberno español, cargo dende o que elaborou, infórmase dende Red.es, o primeiro marco regulatorio de Internet en España. Asemade, foi o responsábel de ter impulsado a creación da mesma Red.es, da que foi vicepresidente do Consello de Administración e logo primeiro director do Observatorio Nacional de Telecomunicacións.

PUBLICIDADE