Borders estrea tenda de libros electrónicos

mércores, 7 de xullo do 2010 Marcus Fernández

Borders conta cun catálogo de máis de 1,5 millóns de e-books

Pese a que vende un lector de libros electrónicos (o Kobo), a cadea de librarías Borders estaba un tanto marxinada na loita dos e-books na que están Amazon e Barnes & Noble, e finalmente salta á palestra cunha eBook Store que bota a andar con máis de 1,5 millóns de títulos (incluíndo milleiros de balde) dispoñibles en múltiples formatos (coma o ePUB e o PDF). Esta plataforma compleméntase coas aplicacións para a lectura de libros electrónicos actualmente dispoñibles para dispositivos móbiles (iPhone, Android e BlackBerry) e tamén para ordenador (PC e Mac).
Esta nova plataforma de venda de e-books parece bastante realista, pois Borders marca coma obxectivo chegar a ocupar o 17% do mercado dos libros electrónicos para dentro dun ano, o que parece factible se temos en conta que o seu programa de afiliación de clientes supera os 38 millóns de membros.

Borders ten aplicación de lectura de e-books para múltiples dispositivos

PUBLICIDADE