Boqueixón amplÃa o prazo das axudas para a adquisición de dispositivos entre as familias
venres, 15 de outubro do 2021
O Concello de Boqueixón achegou este curso axudas ás familias para facilitar a escolarización e máis a dixitalización dos fogares. Estes apoios viñan con 12.000 euros e se ben o prazo para solicitalos remata o domingo 17 de outubro, o Goberno local decidiu ampliar en 15 dÃas este perÃodo para chegar á meirande cantidade de residencias.
As
familias de Boqueixón con fillos/as cursando estudos de segundo
ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, ESO e Bacharelato
poderán optar entre dúas liñas de axudas: adquisición de material
informático ou para material local.
As
que opten por solicitar as axudas para a adquisición de ordenadores
de sobremesa ou portátiles, poderán recibir ata un máximo de 250
euros por alumno e alumna, cun lÃmite de 400 euros por unidade
familiar. Unhas axudas que non se poderán solicitar para alumnado de
educación infantil.
A
segunda liña subvencionará os gastos derivados do material escolar,
é dicir, todo tipo de material agás os libros de texto xa
subvencionados ou de préstamo. A contÃa máxima será de 100 euros
por alumno de infantil, primaria e secundaria; asà como 150 euros
para alumnado de Bacharelato. O lÃmite por unidade familiar será de
300 euros.
Ambas
as dúas liñas de axuda están destinadas a familias que se atopen
nunhas condicións socioeconómicas menos vantaxosas e son unha
aposta do Concello de Boqueixón por colaborar con estas persoas para
que poidan facer fronte a gastos especÃficos e necesarios para
previr ou evitar situacións de exclusión social.
As
solicitudes presentarase, coa documentación correspondente, no
Rexistro Xeral do Concello de Boqueixón ou a través da sede
electrónica. Máis información
e documentación na web municipal.