Boa parte da Internet falla por mor dunha incidencia nun CDN

martes, 8 de xuño do 2021 Marcus Fernández

Durante esta mañá numerosas páxinas web como Spotify, Twitch, HBO Max, PayPal, Vimeo, Shopify, Stripe, The Guardian, The New York Times, Financial Times ou a BBC experimentaron problemas de carga que finalmente identificouse como un fallo en Fastly, un provedor dun servizo de aceleración de carga de páxinas web mediante a súa distribución a través de servidores por todo o mundo (CDN).
Dende Fastly deron conta da incidencia ás 11:58 horas e identificaron o problema e corrixírono ás 12:44 horas, polo que o fallo de conexión das distintas páxinas web e servizos non foi moi longo, aínda que si moi preocupante polo feito de afectar a tantos servizos á vez cando precisamente a función de Fastly é evitar as caídas e saturacións.

PUBLICIDADE