Boa acollida da ferramenta de diagnose enerxética para a PEME
martes, 16 de agosto do 2011
Nestas primeiras semanas de funcionamento
da aplicación de Diagnose Enerxética On
line, posta en marcha pola ConsellerÃa de EconomÃa e Industria, a través do
Inega, obtÃvose un elevado número de visitas, cun rexistro de preto de 200
usuarios e o desenvolvemento de 163 auditorÃas. Estes datos reflicten a boa
acollida que está a ter a aplicación dentro do eido empresarial galego e
corrobora o compromiso da Xunta de Galicia coas PEME a prol do aforro
enerxético, considerándoo un factor primordial para a mellora da súa
competitividade empresarial.
A ConsellerÃa de EconomÃa e Industria, a
través desta ferramenta en liña, ten como principal obxectivo «facilitarlle as pequenas e medianas empresas a
realización dunha diagnose dos consumos enerxéticos do seu negocio co fin de
mellorar a súa eficiencia enerxética», segundo sinalou Eliseo Diéguez, director
do Inega.
O aforro e a eficiencia son fundamentais
para as PEME que queren mellorar a súa competitividade e rebaixar os custos que
non engaden valor engadido, asà como mellorar a calidade dos seus produtos e
servizos e aumentar a identificación dos clientes cos valores dunha empresa que
coida da súa contorna.
As auditorÃas terminadas reflicten un
Ãndice de aproveitamento medio do potencial da aplicación do 45,63%, isto
significa que os usuarios se centraron naqueles aspectos que consideraban de
maior interese, pero dispoñen aÃnda dunha importante marxe na aplicación para
completar estas auditorÃas. AsÃ, a aplicación cuantificou un potencial de
aforro enerxético medio do 12,93% nas auditorÃas terminadas, o que supón «unha redución de custos media do 13,52% e
nalgunhas auditorÃas cun marxe de aproveitamento elevado, estanse a conseguir
reducións de custos de ata un 40%», apuntou o director do Inega.
Asemade, a ferramenta constitúe tamén unha
nova fonte de datos estatÃsticos, axeitados para analizar a implantación das
medidas de aforro e eficiencia e do uso das renovables nos sectores económicos
estratéxicos de Galicia.