Blusens abre filial en Canadá

mércores, 3 de decembro do 2008

Blusens, avanzando na súa internacionalización, anunciou a apertura dunha nova filial en Canadá, co que xa tería presenza en 50 países. No país norteamericano Blusens centrará a súa atención na canle en liña para conseguir unha boa presenza entre o público mozo.
A compañía galega pretende que a súa facturación fóra de España sexa superior ao 50% do global da empresa nos vindeiros 2 anos.

PUBLICIDADE