Blogger fará 10 anos en agosto

venres, 19 de xuño do 2009 Marcus Fernández

Ante a proximidade do 10º aniversario de Blogger (que terá lugar en agosto) dende Google queren dar a coñecer certos datos interesantes sobre o seu servizo de publicación de blogs, coma que cada minuto escriben no mesmo 270.000 palabras, 2/3 do tráfico provén de fóra de EE.UU. (país ao que seguen Brasil, Turquía, España, Canadá e Reino Unido) e como curiosidade, o deporte máis popular nos blogs publicados é o fútbol, que chega a superar ao béisbol (o que sorprende a moitos norteamericanos, que apenas coñecen a práctica deportiva máis popular en Europa).
De cara á celebración do aniversario de Blogger, instan aos seus usuarios a escribir unha entrada contando a súa experiencia no servizo, e comunicarlla a Google a través dun formulario, de xeito que nas vindeiras semanas as máis interesantes sairán destacadas en Blogger Buzz, e incluso poderían aparecer na prensa (para o que os autores deberán dar o seu consentimento).

PUBLICIDADE