Blogger facilita a inserción de publicidade nos seus cadernos de Internet
xoves, 16 de abril do 2009
Blogger, o
servizo de blogs de Google, vén de incorporar ao seu panel de control unha pestana
chamada Monetizar que facilita
a xeración de ingresos vÃa publicidade de AdSense (facilitando a
creación dunha conta de usuario ou usando unha conta xa existente) nos cadernos
de Internet. Amais, Blogger fai uso da API de AdSense para poder amosar os
beneficios publicitarios directamente dende o seu panel de control.
AÃnda que conseguir beneficios a través de AdSense é algo complexo por precisar
dun número de visitas moi elevado, moitos usuarios agradecerán estas
facilidades por parte de Google coas que poderán conseguir uns ingresos
adicionais sen ter que consumir esforzos en buscar anunciantes.