Blockchain.gal desvélanos os revolucionarios avances que van experimentar as criptomoedas
xoves, 7 de marzo do 2019
O pasado 21 de febreiro a comunidade Blockchain.gal impartiu na sede do CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia) un relatorio sobre a tecnoloxÃa Lightning Network, no que se trataron os problemas de adaptación e evolución (escalabilidade) de Bitcoin, as canles de pago e a propia tecnoloxÃa Lightning Network, incluÃndo un exemplo práctico. Para aclarar boa parte do falado no encontro, Rodrigo MartÃnez e Luis Miguel Louzao, achegáronnos unha serie de respostas ás nosas dúbidas principais.
-Como
xorde a comunidade Blockchain.gal e con que obxectivos?
-(Rodrigo
MartÃnez) Blockchain.gal xorde a principios de 2018 coa fusión
entre unha comunidade en liña e unha nova iniciativa que tiña a
prioridade de organizar eventos presenciais. O resultado é unha
comunidade que ten por obxectivo divulgar as tecnoloxÃas
relacionadas coas redes distribuÃdas blockchain e o seu
impacto na sociedade pero sen deixar de lado a parte máis técnica.
AÃnda que a iniciativa comeza a organizar eventos en Santiago en
xaneiro do ano 2018, na actualidade tamén se organizan eventos
noutras cidades galegas como Vigo ou A Coruña.
-Como
definiriades a tecnoloxÃa blockchain?
-O blockchain
non é máis que unha forma determinada de agrupar información e que
funciona como unha base de datos na que só se
pode engadir nova información e na
que calquera alteración dun dato xa
rexistrado romperÃa a integridade do resto. Os datos agrúpanse en
estruturas denominadas bloques que se amorean
de maneira secuencial.
O feito de existir estas agrupacións permite chegar a un consenso
sobre o estado da base de datos de forma máis sinxela nunha rede de
computadores. Cada bloque contén un selo temporal e unha referencia
unÃvoca ao bloque de datos predecesor. Deste xeito é posible
percorrer a secuencia de bloques comprobando cada unha das
referencias. Estas referencias son hashes
criptográficos, que se representan
cunha cadea alfanumérica e que, de maneira
análoga á pegada dixital, permiten a identificación
unÃvoca. Xa que o propio hash
do bloque anterior forma parte do contido do seguinte, se en calquera
dos bloques previos múdase
calquera dato, ou mesmo a súa orde, a referencia unÃvoca variará
rompendo a cadea de hashes.
Por
blockchains adóitanse referenciar ás redes distribuÃdas de
computadoras que a través dun protocolo consensúan o estado dunha
cadea de bloques. A orixe e integridade da información garántese a
través da sinatura electrónica. AÃnda que as transaccións
fÃrmanse electronicamente, a orixe das transaccións non abonda para
determinar a súa validez, sobre todo se estamos falando de sistemas
transaccionais como Bitcoin nos que dependendo do resto de movementos
e a súa orde a transacción será aceptada ou non. Por iso é
crucial o protocolo que permita consensuar de maneira distribuÃda o
estado da cadea de bloques para conseguir que sexa practicamente
imposible desfacer as escrituras.
-A
miúdo adoitan ir ligados os conceptos de blockchain
e Bitcoin
pero o primeiro vai moito
máis alá do segundo, non é as�
-Bitcoin
é un protocolo que establece que información se garda e as regras
de interacción e consenso da información nunha rede distribuÃda
de computadores. As transaccións deste protocolo almacénanse nunha
base de datos distribuÃda
(blockchain)
cuxo estado consensúase a través dun sistema de acordo
especificado no mesmo protocolo.
-Que
casos de uso e aplicación destas tecnoloxÃas blockchain
destacariades das que se están a desenvolver en Galicia?
-Existen
plataformas blockchain xerais como Ethereum que permiten
almacenar software arbitrario. Unha vez almacenado, os usuarios da
rede poden interactuar co mesmo coa garantÃa de que non poderá ser
alterado. Son os chamados contratos intelixentes. Neles, por exemplo,
pódese definir un libro de contas para unha nova criptomoeda,
realizar a rastrexabilidade dun produto, definir unha organización
autónoma que xestione diñeiro virtual de varios usuarios ou definir
un rexistro privado de dereitos de autor. En Councilbox (traballo
alÃ) almacenamos evidencias en blockchain sobre a actividade
dos usuarios como a participación nunha determinada votación. Estas
evidencias permiten situar no tempo as accións e unha vez
rexistradas nin sequera Councilbox poderá alteralas ou eliminalas.
Tamén estamos a traballar nunha innovadora plataforma para a
creación de evidencias e trazas de evidencias a gran escala en redes
blockchain públicas como Ethereum ou Bitcoin.
-En
que consiste Lightning Network?
-(Luis
Miguel Louzao) A Lightning Network é a última tecnoloxÃa que se
está a desenvolver no ámbito das criptomoedas, neste caso, Bitcoin.
Consiste nunha rede de nodos interconectada mediante unhas unións
coñecidas como canles, as cales intermedian entre os devanditos
nodos actualizando o saldo correspondente a cada un. Deste xeito, os
nodos da rede intercambian operacións entre eles co obxectivo de
procesalas sen a necesidade de empregar a blockchain a cal
implica retardos (confirmacións de bloque) e altas comisións.
Lightning
é coñecida por conformar unha solución de segunda capa, xa que non
se emprega a blockchain pra realizar operacións, senón que
calquera transferencia faise sen interaccionar con esta se non é
estritamente necesario. Como consecuencia, estas transaccións non
impactan no rendemento da blockchain xa que só se enviará o
resultado final de todas as que transcorran por cada canle no momento
do seu peche. Isto tamén soluciona os problemas actuais de
escalabilidade que sofre Bitcoin en picos de carga da rede. Outras
criptomoedas xa están adoptando o concepto para crear as súas
propias solucións de escalabilidade como por exemplo Ethereum con
Raiden Network.
Esta
tecnoloxÃa fará mais sinxela a criptomoeda Bitcoin como medio de
pago en grandes e pequenos comercios, xa que evitará as longas
esperas nos pagos, permitÃndonos aboar a cesta da compra ou o pan
sen retardos na rede e sen comisións excesivas. Ademais, permitirá
procesar ate 10.000 transaccións por segundo, segundo as
estimacións, acadando asà a capacidade da rede de Visa e
Mastercard.
Sobre
a comunidade galega
Blockchain.gal
é unha comunidade que ten como obxectivo divulgar os beneficios das
tecnoloxÃas relacionadas coas redes blockchain e o seu impacto na
sociedade. A actividade visÃbel da asociación comezou en xaneiro do
ano pasado en Compostela, e logo estendeuse a outras cidades da nosa
terra como por exemplo Vigo ou Coruña, desenvolvendo sesións
técnicas e divulgativas sobre a dita tecnoloxÃa e as amplas
posibilidades. Por contidos, os integrantes de Blockchain.gal adoitan
ir alén do tecnolóxico, abordando tamén temáticas relacionadas
con aspectos legais e fiscais (tendo en conta que a cadea de bloques
está na orixe e no impulso das moedas virtuais).