Bliquo amosa información de lecer urbano no iPhone
venres, 12 de xuño do 2009
A chegada do GPS
aos smartphones está a supor todo un
revulsivo para as buscas locais, xa que a localización de eventos, locais e
servizos vese potenciada e mellora en usabilidade. O iPhone é un dos terminais
nos que máis produtos intentan explotar este novo nicho de mercado, e o último
do que temos coñecemento é Bliquo,
un buscador de lecer urbano que agrega a información de Atrápalo, Réstalo,
Salir.com, PáginasAmarillas.com e 11870.com de xeito que coloca na palma da man
información sobre restaurantes, cafeterÃas e bares, podendo filtralos non só
por proximidade, senón tamén por tipos de local e prezo, resultando tamén de
moita utilidade a súa vea social, xa que podemos consultar valoracións e
opinións sobre os locais.
No futuro pretenden
que a aplicación poida utilizarse para realizar reservas en restaurantes
e coñecer ofertas publicadas polos locais.