BigDownload permite a descarga de demos e trailers de videoxogos

mércores, 15 de outubro do 2008 Marcus Fernández

Os amantes aos videoxogos para PC contan cunha interesante web para descargar versións de demostracións de multitude de xogos, así como vídeos sobre os mesmos en alta definición, análises dos últimos títulos e moitas información que fai que BigDownload sexa unha parada obrigada.
BigDownload fuxe de ser unha simple web sobre videoxogos nas que se colan análises e novas, e aínda que non prescinde dese tipo de contidos, dálle especial ás descargas de grandes ficheiros (trailers en boa calidade e versións de demostración de xogos) para converterse nunha ferramenta atractiva para os usuarios que queiran aproveitar as súas conexións de banda larga para permitir botar unha ollada aos novos xogos para axudar a decidir sobre a súa compra.

PUBLICIDADE