Benestar de Lugo impartirá en 2023 obradoiros en informática básica e inclusiva para adultos

luns, 12 de decembro do 2022 S. P.

O Executivo lucense de Lara Méndez, a través da concellería de Benestar que dirixe Olga López Racamonde, porá en marcha a partir de xaneiro diferentes obradoiros de formación en informática básica e inclusiva para adultos. Os cursos desenvolverase en diferentes días e horarios nos centros socioculturais de Fingoi, María Balteira, Maruja Mallo e no Edificio de Novas Tecnoloxías, onde serán habilitadas entre 5 e 12 prazas por curso e centro coa posibilidade de facelo tanto en quenda de mañá como de tarde.
En total, a área de Benestar porá a disposición da veciñanza 130 prazas que poden solicitarse nos Centros de Convivencia da Milagrosa ou no Uxío Novoneyra, dende este luns 12 de decembro e até o 16 de decembro ou ata esgotar as prazas. As persoas interesadas poden obter máis información chamando aos teléfonos. 982 297 410 e 982 297 492.
O programa de cursos (lugares, duración, características) pode consultarse na web municipal.

PUBLICIDADE