Barcelona mostrará en setembro os logros da supercomputación no ámbito empresarial

luns, 31 de xullo do 2023 S. P.

O próximo 12 de setembro celebrarase no Barcelona Supercomputing Center unha xornada de promoción da supercomputación para empresas organizada polo proxecto EuroCC_Spain, xunto co DIH4CAT. Na xornada, segundo informa o Centro de Supercomputación de Galicia-CESGA (participante no evento a través da RES), expoñeranse casos de uso por parte de empresas que se benefician do uso da supercomputación como ferramenta de traballo.
Ademais, o Dixital Innovation Hub de Cataluña (DIH4CAT) e o Centro de Competencias Nacionais en Supercomputación (EuroCC) mostrarán a súa oferta de servizos gratuítos para empresas na contorna de HPC (computación de alto rendemento). Por último, analizaranse as necesidades, requirimentos e demandas nun exercicio de dinamización de proxección ao futuro xunto con expertos.
A xornada será como dixemos o vindeiro 12 de setembro, en horario de 10:00h a 16:30h.
Programa da Xornada Divulgativa
10.00 Benvida
10.10 O Digital Innovacion Hub de Catalunya (DIH4CAT)
10.30 O Centro Nacional de Competencias en Supercomputación (EuroCC)
10.50 Coffe Break
11.15 Casos de uso HPC
12.00 Visita MareNostrum 5
13.00 Comida
Programa da Xornada de Dinamización
14.00 Presentacions breves das empresas
14.30 Análise das necesidades, requirimento e demandas
16.30 Conclusións e peche das xornadas de traballo
A inscrición é gratuíta. Os convites xéranse na web da RES (Rede Española de Supercomputación).


PUBLICIDADE