Barceló Viaxes convoca unha nova edición do seu certame en liña de fotografía de viaxes

luns, 17 de setembro do 2007 Raquel Noya

Barceló Viaxes e National Geographic Chanel veñen de anunciar a celebración dunha nova edición do Concurso de Fotografía Barceló 2007, ó que están convidados todos aqueles viaxeiros que desexen participar coas súas imaxes tomadas polo mundo adiante.
Os interesados terán que seleccionar as mellores fotos das súas viaxes e penduralas na páxina web da canle de televisión da National Geographic, nun apartado especial adaptado de xeito especial para esa finalidade.
O gañador do concurso será obsequiado cunha expedición para dúas persoas a Tanzania e Zanzíbar de 12 días de duración. O premio inclúe billetes de avión de ida e volta dende Madrid a Kenya, transporte terrestre, comida, aloxamento e a presenza de guías expertos de National Geographic para o traxecto.
Adicionalmente, farase unha escolma de tres finalistas que recibirán como premio un paquete exclusivo de libros de fotografía editado por National Geographic e valorado en 300 €.

PUBLICIDADE