BSA estreita o seu cerco en España na persecución da copia non autorizada de software

xoves, 6 de setembro do 2012 Fernando Sarasketa

Business Software Alliance vén de facer reconto da actividade despregada nos primeiros seis meses de ano en materia de accións legais en España contra actividades de uso e copia non autorizadas de software propietario. Segundo avanza a organización, encargada de velar polos intereses desta industria, no devandito período incrementouse nun 24% o número de accións legais da devandita índole, todas elas dirixidas a empresas do Estado polo uso de software sen licenza.
Nos meses de xaneiro e xuño deste ano, a organización levou a cabo un total de 189 iniciativas xudiciais, polas 152 que desenvolveu no primeiro semestre de 2011. Isto, sinálase, supuxo para as compañías un custe de 180.846 euros en indemnizacións, un 66% máis que o acadado nas operacións levadas a cabo nos primeiros meses do ano anterior. BSA, que está claramente a pechar o cerco sobre este tipo de actividades (que afectan a todo tipo de programas privativos, dende Windows e Photoshop, InDesign, etc), engade que o 83% dos rexistros efectuados tiveron relación con empresas do sector da enxeñaría, lo que sitúa a este eido no punto de mira “pola súa crecente tendencia á piratería de software”, sinálase.

PUBLICIDADE