Avanzan os prezos dos Asus Eee

mércores, 19 de setembro do 2007

Os prometedores ordenador ultraportátiles de baixo custo Asus Eee están a piques de chegar ó mercado, publicándose xa as características e prezos dos modelos que chegarán en outubro.
Os Eee PC 700, que contan con 256 Mb de RAM, una pantalla de 7 polgadas (800 x 480 píxeles), 2 Gb de disco Flash custarán no seu modelo básico 259,99 dólares, mentres que o modelo con webcam integrada e bolsa de transporte venderase por 299 dólares.
O Eee PC 701 estrearase con 512 Mb de RAM, 4 Gb de disco Flash, webcam e bolsa de transporte por 399,99 dólares.
Nun primeiro momento estes equipos incluirán batería de 4 celas que lles garanten unha autonomía de 3 horas, agardándose un ulterior lanzamento de baterías de 6 celas.

PUBLICIDADE