Avanza o proxecto para dotar ao concello de Zas de banda larga avanzada

xoves, 23 de novembro do 2023 S. P.

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, mantivo este xoves 23 de novembro, no edificio da Subdelegación, unha reunión co alcalde de Zas, Manuel Muíño, ao obxecto de revisar o despregue da banda larga no municipio. Na reunión tamén participou a operadora neutra de telecomunicacións Rede Aberta, empresa galega adxudicataria do Plan Único 2022 que ten como encargo a despregadura de Rede de alta velocidade no concello de Zas. No seu transcurso fíxose un repaso dos lugares e parroquias ás que vai chegar, e dos prazos de execución desta nova fase.
A subdelegada manifestou o compromiso do Goberno a través dos fondos do Plan de Recuperación, Transformación e Resilencia, implementados neste caso polo Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital; coa posta en marcha de este Plan Único tanto na adxudicación do Plan 2022 como no 2023 e que, tal e como se puido acreditar na reunión, contempla a actuación no concello de Zas.
Finalmente, tamén se analizou a necesidade de achegar a información das zonas de actuación así como dos prazos á veciñanza do concello de Zas, asunto no que tanto o alcalde, Manuel Muíño, como os representantes da empresa Rede Aberta estiveron de acordo en facer de común acordo.

PUBLICIDADE