Avalingua figura entre os finalistas do programa Lanzadera

mércores, 30 de abril do 2014 Marcus Fernández

Isaac González defendendo o proxecto de Avalingua na pasada edición do Building Global Innovator

Lanzadera, o proxecto de capital privado de Juan Roig a través da sociedade Lanzadera Emprendedores, S.L.U., que axuda ao emprendemento de compañías eficientes que acheguen valor e implanten un modelo empresarial sólido baseado no traballo produtivo, o esforzo e o liderado, para o que ofrecen recursos formativos, económicos e estruturais necesarios para acadar o éxito, para o que teñen que facer unha peneira de proxectos cada ano, estando a desenvolverse estes días a etapa de entrevistas entre os 85 finalistas da edición de 2014, entre os que figura o proxecto Avalingua da galega Cilenis (que conseguiu unha mención de honra nos Building Global Innovator na categoría de IT & Web), proxecto que agardemos que remate entre os 20 seleccionados no programa Lanzadera, o que permitiríalle recibir durante 11 meses apoio para madurar o proxecto, que vai dende asesoría e mentorización ata financiamento (ata un máximo de 200.000 euros).
Avalingua é unha solución de software ideada par a avaliación automática da lingua escrita en 4 idiomas (español, inglés, portugués e galego) deseñada para un uso individual e, sobre todo, para a avaliación de grupos ou colectivos, pensada como instrumento para a aula ou como método de avaliación nas escolas, institutos e outras institucións de ensino.

PUBLICIDADE