Atopan o xeito de desbloquear os iPhone co firmware 1.1.3

luns, 21 de xaneiro do 2008

Un grupo de desenvolvemento logrou desbloquear a nova versión do firmware do iPhone (1.1.3) o que permitiría a carga dunha versión anterior do mesmo para poder liberar o terminal (tanto para o uso con outros operadores como para a instalación de software non oficial) pero sorprendentemente non publicarán o fallo de seguridade atopado para acadar tal fin ata que Apple publique o SDK oficial (que facilitará a creación de aplicacións para o móbil).

PUBLICIDADE