Até 773 comerciantes e obradoiros artesanais benefícianse das axudas á transformación tecnolóxica da Xunta
luns, 22 de novembro do 2021
A
semana pasada publicáronse as axudas do Goberno galego dirixidas a
impulsar a estratexia dixital e a modernización do sector comercial
e artesán da nosa terra. Concedéronse
preto de 5 millóns de euros a un total de 773 comerciantes e
obradoiros artesanais que mobilizarán 7,6M€. Isto traducirase
en 2.329 actuacións de transformación impulsadas por 695
comerciantes e 78 titulares de obradoiros artesanais. Irán encamiñas
a mellorar as experiencia de compra dos clientes e adaptar os
negocios a un tipo de consumidor máis dixitalizado e esixente.
Estas
axudas, que veñen da man da Vicepresidencia segunda e Consellería
de Economía, contan con dúas liñas: unha destinada á
dixitalización comercial e que suma 2.188 actuacións (entre as que
destacan a implantación dun xestor de redes socias (392), seguida da
creación de páxinas web con venda en liña (363), a realización de
publicidade en medios dixitais (314), así como a mellora da imaxe
dixital (313), incluíndo tamén apoios á mercadotecnia 4.0, á
loxística dixital ou á participación en feiras dixitais) e unha
segunda liña con 141 actuacións (destinada á adquisición de
equipamentos propios da actividade comercial e artesanal como
maquinaria e ferramentas que melloren o deseño e calidade do produto
final).
Por
provincias, A Coruña conta con 349 beneficiarios e unha axuda de
preto de 2,3M€;
en
Pontevedra chega a 217 comerciantes e obradoiros artesanais, con
apoios que suman 1,4 millóns de euros; Lugo recibe 119 axudas por
640.000 euros e Ourense suma 88 beneficiarios e 660.000 euros.
Estas
axudas enmárcanse nas medidas que a Xunta de Galicia está adoptando
co obxectivo de “que o sector comercial poida adaptarse aos novos
hábitos de consumo, como o comercio electrónico, así como a outras
canles de comercialización, como as redes sociais, o que se traduce
nunha maior competitividade do sector e un aumento das súas vendas”.