ata 700 investigadores participarán no congreso Ibercom avaliando o potencial da nova comunicación para cambiar o mundo
xoves, 23 de maio do 2013
Xa
se albisca, e cada vez máis preto, o
congreso Ibercom 2013, un evento que se ben non se centra de
xeito exclusivo na natureza das novas tecnoloxías da información e
nas redes sociais, si que avalía o impacto mundial dalgunha das súas
principais consecuencias, como por exemplo o acontecido nos últimos
anos nos países do Norte de África e Oriente Próximo, procesos de
apertura democrática esixidos e fortalecidos, en boa maneira, a
través das ferramentas e servizos dixitais máis populares. Falamos
do que se coñece como Primavera Árabe. O congreso, que se vai
celebrar na Facultade de Ciencias da Comunicación de Santiago entre
o día 29 e o 31 de maio, centrarase polo tanto en avaliar “a
importancia dos medios para a democracia e os cambios sociais”.
Segundo avanza a organización, a cita reunirá a máis de 700
investigadores do eido internacional.
O
evento está promovido pola Asociación Galega de Investigadores e
Investigadoras en Comunicación (AGACOM)
e organizado por unha comisión que, baixo a presidencia da
catedrática Margarita Ledo, integra a profesores das tres
universidades galegas. A inauguración oficial virá
da man do
presidente da Federação Brasileira das Associações Científicas e
Acadêmicas de Comunicação, José Marques de Melo, e participarán
nela
os reitores das tres universidades galegas, Santiago de Compostela, A
Coruña e Vigo.
Segundo
engade AGACOM, unha
conferencia da colombiana Clemencia Rodríguez, profesora da
Universidad de Oklahoma (USA), abrirá a actividade académica
analizando a importancia dos medios de comunicación nos movementos e
cambios sociais como a recente Privamera Árabe. Clemencia Rodríguez,
engade
a asociación,
está especializada na análise de comunicación alternativa,
comunitaria e cidadá na que traballa dende hai máis de tres
décadas.
Logo,
será a quenda de tres
sesións plenarias para analizar os riscos e potencialidades da
comunicación na era de Internet.
A primeira, coordinada polo catedrático da Universidade Complutense
Enrique Bustamante, xirará arredor da comunicación, o servizo
público e as esferas de poder. Nos debates intervirán Vera França,
da Universidade Federal de Minas Gerais; Paquete de Oliverira, do
ISTCTE de Portugal; e Raúl Trejo, da UNAM de México. A segunda
sesión, coordinada polo catedrático da Universidade do Minho Moisés
de Lemos Martins, tratará a comunicación, os procesos de cidadanía
e esferas de poder. Na sesión está prevista a intervención de
Miquel de Moragas, presidente da AE-IC; Guillermo Orozco, de México,
e Muniz Sodré, de Brasil. A terceira sesión, sobre a produción
cultural en versión orixinal no cinema, xornalismo e televisión,
estará coordinada por María Immacolata Vassallo, e contará con
Marcos Palacios, Carlos Scolari, Patxi Azpillaga e Antía López.
No
eido local, un panel analizará o venres o galego e os medios de
comunicación no que participarán o presidente da Real Academia
Galega, Xesús Alonso Montero, a exdirectora do ILGA, Rosario
Álvarez, e o decano do Colexio Profesional de Xornalistas de
Galicia, Xosé Manuel Pereiro. A conferencia de clausura, que se
celebrará o vindeiro venres, está concibida como unha homenaxe ao cineasta e coordinador
do Observatorio do Cinema e do Audiovisual Latinoamericano-FNCL,
Octavio Getino, e consistirá nunha conferencia do profesor da
Universidade Nacional de La Plata, en Arxentina, Roque González,
sobre Políticas públicas e cines nacionais. Nesta homenaxe tamén
intervirá Alfonso
Gumucio-Dragon, asesor da UNESCO,
investigador e fotógrafo, quen proxectará a derradeira entrevista
con Octavio Getino.
De
xeito paralelo,
defenderanse as comunicacións en diferentes mesas temáticas con
sesións que comezarán ás catro da tarde do xoves nas aulas da
Facultade de Ciencias da Comunicación e estarán distribuídas nas
seguintes temáticas: Políticas culturais, tecnoloxías e esferas do
poder; Estrutura e soportes de comunicación: produción, consumo e
recepción; comunicación estratéxica, organizacional e
publicitaria; teoría e métodos de investigación; Educomunicación;
os discursos da comunicación: migración, xénero, movemento cidadá,
folkcomunicación; Estudos cinematográficos e audiovisuais; historia
da comunicación e dos media.
