Até 37 centros docentes da nosa terra estréanse este curso no Club da Ciencia

martes, 2 de novembro do 2021 S. P.

A innovación nos centros docentes abre camiño. Segundo vén de confirmar Cultura e Educación, o programa de innovación educativa Club de Ciencia vai chegar este curso a 146 centros, 37 deles de nova incorporación. En concreto, desenvolveranse en 65 centros da provincia da Coruña, 17 de Lugo, 18 de Ourense e 46 centros de Pontevedra. O Club de Ciencia é unha iniciativa abeirada á Estratexia Educación Dixital 2030 que ten como finalidade estimular o espírito científico entre o alumnado ao tempo que impulsar as vocacións STEM (Ciencias, Tecnoloxía, Enxeñaría e Matemáticas) cara a estudos científico-tecnolóxicos posteriores.
Trátase do sexto ano consecutivo que a Consellería pon en marcha esta acción, que naceu como experiencia piloto no curso 2016/17 con nove centros en toda Galicia.
O Club de Ciencia defínese como “un espazo de aprendizaxe non formal baseado nunha metodoloxía de indagación onde os docentes suxiren diferentes accións enfocadas ao alumnado co obxecto de que poidan dar resposta ás súas curiosidades, aos seus intereses e resolver problemas”. Deberá estar formado por un ou máis docentes de calquera especialidade e alumnado de Educación Primaria, Secundaria obrigatoria ou Bacharelato. Un dos docentes actuará como persoa coordinadora do club.
Cada centro docente seleccionado recibe unha achega económica para sufragar gastos que estean debidamente xustificados e imputables á participación nesta convocatoria.
Listado de centros de nova incorporación aos Club de Ciencia
A CORUÑA
-IES Plurilingüe Elviña
A Coruña
-IES Nº 1
Ribeira
-CEIP Alborada
A Coruña
-IES de Curtis
Curtis
-IES Manuel Murguía
Arteixo
-IES Praia Barraña
Boiro
-IES Moncho Valcarce
As Pontes de García Rodríguez
-IES de Sar
Santiago de Compostela
-CEIP Ana María Diéguez
Rianxo
-IES de Porto do Son
Porto do Son
-IES A Sardiñeira
A Coruña
-IES Ramón Caamaño
Muxía
-IES do Milladoiro
Ames
-CEIP Plurilingüe de Outes
Outes
LUGO
-CEIP Juan Rey
Lourenzá
-IES Xoán Montes
Lugo
-CEIP Álvaro Cunqueiro Mora
Mondoñedo
-CEIP da Pobra de Brollón
A Pobra do Brollón
-IES Xograr Afonso Gómez de Sarria
Sarria
CPI Uxío Novoneira
Pedrafita do Cebreiro
OURENSE
-IES Lauro Olmo
O Barco de Valdeorras
-CEIP Carlos Casares
Xinzo de Limia
-CEIP de Maceda
Maceda
-IES 12 de Outubro
Ourense
-IES García-Barbón
Verín
-CEIP Bibei
Viana do Bolo
PONTEVEDRA
-CEIP Pío Cabanillas Gallas
Dozón
-IES Plurilingüe A Paralaia
Moaña
-CEIP Plurilingüe Infante Felipe de Borbón
Salvaterra de Miño
-CEIP Plurilingüe Santa Mariña
Vigo
-IES Álvaro Cunqueiro
Vigo
-IES Plurilingüe Aquis Celenis
Caldas de Reis
-IES Carlos Casares
Vigo
-CEP Plurilingüe Xesús Ferro Couselo
Valga
-IES Gonzalo Torrente Ballester
Pontevedra
-IES Johan Carballeira
Bueu
-IES Ribeira do Louro
O Porriño

PUBLICIDADE