Asus collerá o relevo dos equipos Intel NUC

mércores, 19 de xullo do 2023 Marcus Fernández

Tras rumorearse que os miniordenadores Intel NUC ían pasar a historia, Intel anuncia o peche dun acordo con Asus para a fabricación, comercialización e soporte desta familia de equipos da 10ª á 13ª xeración, así como para o desenvolvemento de deseños futuros.
Deste xeito temos que cando menos Asus será un dos fabricantes que manterá vivos os miniordendaores con procesadores Intel, aínda que o acordo pechado non é exclusivo, polo que máis fabricantes poderían querer tamén continuar a contar no seu catálogo con equipos de pequeno tamaño que como principal concesión para o seu formato compacto teñen as limitacións para a súa ampliación (xa que carecen de espazo para novas unidades de almacenamento ou para contar con tarxetas gráficas dedicadas).
Para dar continuidade aos produtos Intel NUC crearán a unidade de negocio Asus NUC BU.

Asus xa ten experiencia facendo equipos informáticos co formato dos Intel NUC

PUBLICIDADE