Asus amosa en Taipei un ordenador que adianta o que serán os procesadores Centrino 2 con WiMAX

luns, 2 de xuño do 2008 Marcus Fernández

O novo portátil de Asus visto no Computex

A retrasada plataforma Centrino 2, retrasada ata comezos de agosto, se pode ver estes días no Computex grazas ao portátil de Asus M51VA que inclúe un procesador Penryn P8600 a 2,4 GHz (ou sexa, da nova serie de procesadores de Intel) que integrará conectividade WiMAX, de aí o interese que están a suscitar estes novos procesadores.
A incorporación comercial de WiMAX aos procesadores Centrino 2 non terá lugar ata finais de ano, pero supón unha boa nova para os portátiles que busquen unha grande mobilidade, pois este tipo de conexión de banda larga estará integrada no propio procesador (e non nunha tarxeta adicional).

PUBLICIDADE