As xuntanzas de balde en Google Meet teñen agora unha duración máxima de 60 minutos

martes, 13 de xullo do 2021 Marcus Fernández

Por mor da pandemia Google Meet incrementou as súas prestacións como servizo persoal de balde, de xeito que inicialmente pretendían facilitar as xuntanzas de vídeo con duración ilimitada até o 30 de setembro, prezo que prorrogaron en varias ocasións, e finalmente rematou a situación de graza, de xeito que a páxina de soporte de Google Meet recolle que os usuarios de balde poden realizar chamadas a unha única persoa de até 24 horas e, para falar con 3 ou máis participantes a duración máxima será de 60 minutos, recibíndose unha notificación cando se chegue aos 55 minutos de conversa. Os subscritores de pagamento poden manter xuntanzas de até 24 horas.
As contas persoais de Google tamén teñen un límite de 100 participantes por xuntanza, mentres que con Google Workspace o número de participantes pode chegar até os 250 participantes en función do tipo de subscrición contratada.

PUBLICIDADE