As xornadas do Proxecto TIC TAC desembarcan na Coruña e en Vigo
mércores, 6 de abril do 2011
Mañá xoves, 7 de abril, a Biblioteca Pública
Miguel González Garcés da Coruña e a Biblioteca Nodal de Vigo, van acoller
cadansúa xornada formativa do Proxecto
TIC TAC, na que se informará ás persoas con discapacidade e a colectivos
vinculados con elas, das vantaxes que lle ofrecen os equipos adaptados dos que
dispoñen nos máis de 149 centros públicos con acceso á Rede que hai no noso paÃs.
As persoas asistentes tamén recibirán información
de utilidade sobre os lugares onde atopar este equipamento, formado, entre
outras cousas, por software especÃfico
e elementos periféricos especiais como pantallas táctiles que se activan por
contacto coa pel, brazos articuladores, ratos alternativos de bola xigante,
teclados con teclas de gran tamaño...
Este equipamento, que
permite facer uso dun PC ao 60-70 por cento, está pensado especÃficamente para que
as persoas con discapacidade visual, auditiva, cognitiva ou motora poidan
acceder a Internet coas mesmas facilidades que calquera outro internauta.
Na Coruña son cinco os centros que dispoñen deste equipamento: o
Servizo Municipal de Bibliotecas, a Biblioteca
Nodal, o Complexo Hospitalario Universitario, a aula CeMIT da Biblioteca
Miguel González Garcés e o Centro de Educación Especial Santiago Apóstol.
Mentres que en Vigo son 8: os Centros de
visitantes do Parque Nacional Illas CÃes en CÃes e Ons, a Biblioteca Nodal de
Vigo, o Complexo Hospitalario Universitario de Vigo, o Centro Integrado de
Formación Profesional de Coia, a Residencia Asistida de Maiores e as aulas
CeMIT de la ETS
de Enxeñeiros de Telecomunicación e do Concello de Vigo.
As xornadas teñen unha duración de 4
horas e celebraranse ao longo deste mes en Lugo, Santiago
de Compostela, Viveiro, Ourense, O Barco de Valdeorras e Pontevedra.