As secretarÃas de PolÃtica LingüÃstica e Educación comparten o palmarés da X edición de Nós tamén creamos!
martes, 5 de xullo do 2022
O
certame Nós tamén creamos!, impulsado pola SecretarÃa
Xeral de PolÃtica LingüÃstica e a SecretarÃa Xeral de Educación
e Formación Profesional para estimular o noso novo talento en
materia de novos contidos audiovisuais (premiando as mellores
curtametraxes de animación en galego do ámbito escolar), vén
de comunicar o palmarés da súa nova edición, que coincidiu co
desenvolvemento do curso. A convocatoria lanzouse en colaboración
coa Corporación de Radio e Televisión de Galicia e OQO editora.
A
comisión de selección, logo de avaliar as curtas presentadas á X
edición de Nós tamén creamos!, resolveu outorgar os
seguintes galardóns:
– CategorÃa 1 - 2º ciclo de Infantil: Sopa verde, do CEIP Albeiros, Lugo
– CategorÃa 2 - 1º e 2º cursos de Primaria: O camiño, do CEE Miño, Ourense
– CategorÃa 3 - 3º e 4º cursos de Primaria: Un conto cheo de lobos, do CEIP Manuel Villar Paramá, A Estrada
Os
colexios recibirán, ademais dun lote de libros, un contrasinal de
acceso á Plataforma OQO de contidos dixitais en galego durante o
curso 2021-2022, para poder acceder aos álbums ilustrados sen
necesidade de manipulalos, de ser preciso.
Nesta
edición, as curtas deberon basearse nalgún dos seguintes libros,
que se lles enviaron aos centros educativos participantes no certame
e no programa: A illa dos cangrexos violinistas, de Xavier
Queipo, con ilustracións de Jesús Cisneros; AchÃs!, de José
Carlos Andrés, con ilustracións de Laura Tova; O camiño,
de Marisa Núñez, con ilustracións de Mariona Cabassa; O camiño
das mazás, de Estrella Ortiz, con ilustracións de Mar Azabal, O
sultán e os ratos, de Joan de Boer, con ilustracións de Txell
Darné; Oso Atrapabolboretas, de Susanna Isern, con
ilustracións de Marjorie Pourchet; Rato Tom e rata Tomasa, de
Marisa Núñez, con ilustracións de Alessandra Cimatoribus; Se os
gatos levasen botas gobernarÃan as ras, de Raquel Saiz, con
ilustracións de Rashin Kheiriyeh; Sopa verde, de Ângela
Madeira, con ilustracións de Till Charlier; Tres osos, de
Marisa Núñez, con ilustracións de Minako Chiba; Un conto cheo
de lobos, de Roberto Aliaga, con ilustracións de Roger Olmos; e
Un gato na árbore, de Pablo Albo, con ilustracións de
Geraldine Alibeu.