As redes sociais perfílanse como ferramentas de uso común entre quen selecciona persoal

luns, 6 de setembro do 2010 Fernando Sarasketa

As redes sociais semella que van servindo para algo máis que para ampliar o espazo no que lle podemos meter man á Rede. Segundo fai saber a firma Unique nun recente estudo sobre o papel que xogan Facebook ou Twitter nas nosas vidas, dun tempo a esta parte se está a estender o seu emprego entre os departamentos das empresas que se dedican ás fichaxes laborais. Este feito, que sobre o papel debería movernos á reflexión sobre a necesidade de usar o noso sitio virtual como espazo de autopromoción (polo tanto, parvadas as mínimas), débese a varios factores, entre os que se conta o inmediato da información que achegamos, a facilidade de uso ou a posibilidade de perfilarnos a través dos nosos contactos ou do que les din de nós. Segundo fai saber a dita empresa, case a metade dos responsables de recursos humanos das empresas españolas fai uso das redes sociais para o desenvolvemento do seu traballo.
Pola contra, un 44% asegura empregar estas ferramentas 2.0 de xeito esporádico e un 5% recoñece que unicamente o fi para a procura de perfiles profesionais moi concretos. Polo que respecta ás utilidades que achegan a quen as usa, dicir que o un terzo dos enquisados afirma procurar de xeito activo a persoas e perfís que poidan encaixar co proceso de selección. Asemade, o 18% dos responsables de recursos humanos lles unha utilidade ben diversa: non só para procurar ou contrastar información, senón para fornecer vacantes de emprego.

PUBLICIDADE