As redes sociais decoran o Campus de Ourense

luns, 4 de abril do 2011 Raquel Noya

O II Concurso de Intervencións Artísticas Campus de Ourense, convocado en xaneiro pola Vicerreitoría do Campus e as Facultades de Dereito e Ciencias Empresariais e Turismo da Universidade de Vigo, xa ten vencedor.
Trátase da parella formada por Delio Rodríguez e Salvador Neira, de nome WASACACA, que se fixo co primeiro posto grazas ao proxecto mural En Rede, inspirado nos mapas das relacións de interactividade que se dan entre os usuarios das redes sociais.
Un dos obxectivos deste concurso, ademais de valorizar a entrada do Edificio Xuridico-Empresarial, era amosarlle á cidadanía as novas linguaxes de creación que se dan na actualidade, e esta proposta, tal e como afirman no DUVI, resume a “idea de Rede, conectividade, glogablidade, colectividade e pluralidade…termos que hoxe máis que nunca están dun modo ou doutro presentes nas nosas vidas”.
O mural proposto por Rodríguez e Neira instalarase agora na entrada do devandito edificio, onde o primeiro que verán os visitantes será “un mapamundi inspirado nos mapas web das redes sociais, que na actualidade conectan á poboación mundial como se se tratase dun gran cerebro colectivo en continua sinapses”. Así o definen os seus creadores.

Un mural En Rede dará a benvida ao Edificio Xuridico-Empresarial

PUBLICIDADE