As redes sen fíos levan o uso da Internet a lugares fóra do habitual

luns, 10 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Ir ao cuarto de baño co xornal debaixo do brazo é unha práctica pouco discreta e en decadencia se temos en conta un estudo desenvolvido polo provedor británico Plusnet, que asegura que o 10% dos consultados conectáronse á web dende o retrete (tanto de casa como do traballo) o que indicaría que os novos dispositivos con conexión á Rede que gozan de grande mobilidade están a levar as conexións á Internet a lugares insospeitados.
Incluso o 35% dos enquisados admitiron conectarse á Rede na cama como alternativa á tradicional lectura antes de durmir, polo que se ve que as conexións sen fíos (coa que contan o 85% dos consultados polo estudo) están a ser o motor deste cambio, no que a Internet xa non é algo que se entenda a un extremo dun cable, o que posibilita o seu os en case calquera momento e lugar.

PUBLICIDADE