As polémicas ensombrecen a estrea do iPhone 6 en 20 países

xoves, 25 de setembro do 2014 Marcus Fernández

Esta tarde xa había cola fronte a tenda oficial de Apple en Valencia</A>

Cando comentamos onte a polémica do bendgate do iPhone 6 Plus demos conta dun problema cunha actualización de iOS que consideramos que era un problema moito máis grave, xa que deixaba aos últimos teléfonos de Apple sen cobertura móbil e co sensor de pegadas dixitais desactivado, o que algúns usuarios describía como unha transformación dun iPhone nun iPod touch, e que finalmente provocou tamén bastante rebumbio, levando a Apple a ter que desculparse e a publicar unha guía para poder devolver os terminais que actualizaran a iOS 8.0.1 ao anterior iOS 8.0, o que só pode facerse mediante un ordenador (o que supón un atranco para moitos usuarios).
Dende Apple anuncian que están a preparar para nunha versión 8.0.2 do seu sistema operativo móbil que solucione os erros presentes nos novos iPhone 6 e iPhone 6 Plus, aínda que o máis razoable tería sido publicar tal versión con urxencia (aínda que non contase con novidades) para que calquera usuario puidese facer que os seu novo dispositivo puidese volver funcionar como teléfono móbil.
Resulta moi difícil entender que Apple lanzase unha actualización de iOS que non se probara antes en ningún dos seus novos teléfonos móbiles e, de feito, as través de Twitter coméntase que “están a rodar cabezas” dentro de Apple.
Por fortuna, os usuarios españois non padecerán estes problemas, dado que os dispositivos que sae á venda mañá mesmo non se verán expostos á actualización frustrada. Tamén parece que non deberían preocuparse demasiado da polémica artificial do bendgate, pois dende Apple aseguran que só recibiron queixas de 9 usuarios, o que é unha cantidade ridícula se lembramos que durante a primeira fin de semana venderon 10 millóns de unidades dos novos móbiles.
E sobre o lanzamento do iPhone 6 e iPhone 6 Plus en España sorprende ver como, pese a que é posible reservar os novos teléfonos en tendas oficiais de Apple e en numerosos establecementos comerciais de toda España, hai xente que durante a pasada tarde iniciou colas fronte as tendas da compañía da mazá, o que resulta pouco comprensible, xa que non parece haber ningún problema para poder facerse cun dos novos terminais sen ter que durmir unha noite na rúa (especialmente cando algúns operadores de telefonía abrirán os seus establecementos a medianoite para vender anticipadamente os teléfonos de Apple).
ACTUALIZACIÓN: Finalmente Apple lanzou a actualización a iOS 8.0.2, de xeito que os usuarios máis prexudicados quedaron sen teléfono pouco máis dun día.
No que se refire ás colas fronte ás tendas de Apple, tamén , resultando a presenza durante toda a noite de persoas agardando para mercar os novos smartphones meramente anecdótica.

PUBLICIDADE