As plataformas de intercambio de vídeos, os vloggers e os podcasts figurarán nun Rexistro Estatal

luns, 17 de abril do 2023 Marcus Fernández

A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) publicou o seu informe sobre o borrador do Real Decreto que regula o Rexistro Estatal de Prestadores do Servizo de Comunicación Audiovisual, de Prestadores do Servizo de Intercambio de Vídeos a través da plataforma e de Prestadores do Servizo de Agregación de Servizos de Comunicación Audiovisual, en virtude da Lei Xeral de Comunicación Audiovisual.
O novo Rexistro Estatal seguirá dependendo do Ministerio de Asuntos Económicos e Transformación Dixital, aínda que no caso de que un medio estea dirixido unicamente a usuarios establecidos na súa comunidade autónoma podería contar cunha autoridade de supervisión competente de ámbito autonómico.
O novo Rexistro Audiovisual incluirá a novos prestadores como os servizos de intercambio de vídeos a través de plataformas e do servizo de agregación, contemplando un novo tipo de prestadores de servizos de comunicación audiovisual: os usuarios de especial relevancia (o vloggers).
Consideran importante establecer un procedemento que permita ao regulador recorrer á autoridade xudicial correspondente para que se ordene mediante un procedemento sumario o cesamento dos servizos de intercambio de vídeos que carezan do pertinente control e inclúan contidos que poidan afectar ao desenvolvemento físico, mental ou moral do menores (como serían os de carácter pornográfico).
A CNMC tamén recomenda mellorar o desenvolvemento das cuestións que afectan aos servizos sonoros a petición (podcasts), en especial no que se refire á obriga de rexistrarse por estar establecidos en España (tendo tamén que clarexarse a situación en que se encontran os podcast con domicilio fóra de España que presten servizos aquí).

PUBLICIDADE