As perruquerías españolas sácanlle partido á Rede

mércores, 20 de xaneiro do 2010 Raquel Noya

Se as perruquerías de todo o país (encabezadas polas catalanas) están a ser nova nos xornais por revelarse contra a SGAE e suxerirlle aos clientes que leven a súa propia música para non ter que pagar canons inxustificados, agora volven a estar na boca de todos (ou máis ben dos internautas) por levar a cabo unha nova iniciativa que beneficia ao sector en moitos aspectos.
Trátase da sinatura dun acordo de colaboración con Quieru, a primera comunidade en Internet dedicada a reunir a oferta e a demanda do sector da beleza, que lle permitirá aos 6.000 membros da Asociaciación Nacional de Empresas de Peluquerías de Caballeros, Señoras y Belleza a comprar e vender produtos con ata un 66 por cento de desconto, así como a empregar o servizo de novas da comunidade virtual para estar ao tanto das novidades do sector.
Asemade, esta Asociación tamén disporá dun espazo propio na web onde poderá, entre outras cousas, publicar información relevante para os seus asociados e difundir as vantaxes de pertencer á mesma.
Esta adhesión a Quieru, asemade, permitiralle a todos os profesionais de perruquería de España pasar a formar parte da primeira rede profesional en liña do país dedicada en exclusiva ao sector wellness, estar ao tanto das últimas tendencias do sector, expresar as súas opinións, buscar produtos novos e de segunda man ou incluso ofertar os seus propios produtos e servizos.

PUBLICIDADE