As páxinas de Facebook poderán ter canles en poucas semanas

mércores, 18 de outubro do 2023 Marcus Fernández

Tras estrear as canles en Instagram e en WhatsApp, Meta anuncia que están a ultimar a chegada das canles a Facebook e Messenger, de xeito que en poucas semanas teremos unha nova ferramenta nas páxinas de Facebook que facilitará un contacto máis directo coa audiencia.
Dende Meta cren que as canles poden resultar moi prácticas para realizar enquisas e para recibir de xeito inmediato a reacción da comunidade de seareiros, podendo aproveitarse para compartir contidos complementarios (como imaxes e vídeos entre bambolinas) e utilizar notas de voz para unha comunicación máis auténtica.
Esta novidade aínda está en probas, e pretende chegar a todos os usuarios en poucas semanas, e os administradores de páxinas xa poden inscribirse nunha listaxe de agarda para que os avisen cando a funcionalidade estea dispoñible para eles.

PUBLICIDADE