As patacas de Coristanco xa se poden mercar a través da Internet

venres, 30 de novembro do 2007 Marcus Fernández

Se hai algunha festa de exaltación da pataca importante en Galicia sen dúbida é a de Coristanco, e aproveitando a sona dos tubérculos da zona unha empresa do concello coristanqués lanzou a web Todopatatas.com dende o que venden Patacas de Galicia a toda España.
O produto comercializado véndese en caixas de 10 quilogramos amparadas polo Consello Regulador da Pataca de Galicia e se venden a 10 euros para Galicia e 15 euros para o resto do Estado, podéndose pagar tanto por transferencia bancaria coma contra reembolso sen incremento de prezo. Os envíos realízanse a través de Tourline Express, de xeito que se garante unha entrega en 24 horas.
Dende a web aseguran que «as patacas envíanse tal e como saen da terra, sen sometelas a ningún proceso de limpeza ou lavado e sen aplicarlles ningún tipo de produto, de conservación ou de calquera outro tipo», o que distingue a alta calidade do produto comercializado por esta empresa fundada por Mª Carmen Andrade Gómez.

PUBLICIDADE