As organizacións de usuarios suspenden a Másmóvil en calidade global do servizo
venres, 6 de novembro do 2020
A
Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) avaliou a calidade dos
operadores de telecomunicacións segundo os datos da Secretaria de
Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais (SETID) e os
de reclamacións da Oficina de Atención dos Usuarios das
Telecomunicacións (OAUTEL). Podemos
consultar a análise completa, ao detalle, na páxina web de UCGAL,
en formato PDF. No seu apartado de calidade global (conformada
coa análise dos datos de telefonía móbil, fixa e banda larga)
Movistar acada cun índice do 7,75 a maior puntuación entre os
operadores presentes en todo o territorio, máis de 3,5 puntos por
encima do peor e cunha diferenza porcentual do 83%.
No
estudo tamén se di que Movistar está un 28% por riba da media do
resto operadores de carácter nacional (6,04). O informe salienta o
feito significativo de que “a compañía que soporta o servizo
universal siga sendo o mellor en termos de calidade despois de
dezaoito edicións deste estudo”. Na investigación tamén destaca
que se rexistrou un único “suspenso” nas valoracións, que foi
dar a Másmóvil, que obtivo unha puntuación de 4,24.
Vodafone,
con 7,61, obtivo a segunda praza, seguida a bastante distancia, con
menos de 6,30 puntos, por Orange.
Respecto
do Grupo Euskaltel, do que forma parte a galega R, acadou unhas
cifras moi positivas de valoración, aínda que non contabilizan como
concluíntes no balance final polas dúbidas que causou nas
organizacións de usuarios o sistema de xestión de reclamacións
online do grupo. Sexa como sexa, Euskaltel (que centra o seu
mercado principal en Galicia, Asturias e Euskadi) foi quen de lograr
un máis que destacado índice do 7,79 en calidade global (7,22 en
calidade móbil e 8,35 en calidade de telefonía fixa), o que, de
darse circunstancias normais e libres de reservas, situaría a este
grupo na primeira posición.
Por
certo que a calidade global é froito de analizar os datos de
calidade e reclamacións en telefonía fixa, telefonía móbil e
banda ancha fixa e móbil: tempo de conexión, avarías, tempo de
resolución das mesmas, caudal
de carga e descarga, reclamacións en fixo e móbil, etc.).